Movemento e danza para actores e actrices

Curso de iniciación ao movemento e á danza aplicado á interpretación, onde se traballa a conciencia corporal, o espazo e a expresividade do actor ou actriz.
OBRADOIRO LITERARIO

Este Obradoiro Literario é unha actividade pensada para todas aquelas persoas ás que lles gusta escribir, que teñan escrito antes ou non, que queiran dedicarse á escrita ou que simplemente a teñan como unha afección, para que poidan mellorar. É unha actividade dirixida a todas as persoas ás que lles gusta a literatura.
CURSO DE ESCENAS DE ACCIÓN PARA ACTRICES E ACTORES

Orientado a interpretar de forma crible e segura escenas de acción Descrición Este curso está enfocado á formación de actrices, actores e deportistas que teñan interese en cinema, teatro e televisión. O noso obxectivo é axudar á creación dun personaxe crible de fronte ao espectador á hora de rodar escenas de acción, por exemplo soster […]
VÍDEO CASTING | PRODUCIÓN E REALIZACIÓN AUDIOVISUAL

Servizo de vídeo curto que reflicta a naturalidade do actor e a súa capacidade para adaptarse ás emocións.
OBRADOIRO PRE-GRAVADO: “O CADERNO DA DRAMATURGA, A ORIXE DAS ESPECIES LÁZARO”

O caderno da dramaturga: a orixe das Especies Lázaro é un espazo de encontro e reflexión con Vanesa Sotelo, autora e directora do espectáculo Espécies Lázaro, que a compañía portuguesa Teatro Art’ Imagem presenta o 8 de xullo no marco da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. De carácter virtual, a sesión ofrece a oportunidade de descubrir as claves que inspiraron o proxecto e de profundar na súa estrutura, así como a posibilidade de coñecer as diferentes etapas da súa escritura co obxectivo de analizar de forma conxunta tanto o seu contido como o proceso creativo das persoas participantes.